Fin de curso cun xantar para as actividades sociais en Riotorto
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto clausura as súas actividades sociais cunha comida que terá lugar o martes 21 de xuño a partir das 14:30 horas.
18 Xuño 2022
O Concello de Riotorto clausura as súas actividades sociais cunha comida que terá lugar o martes 21 de xuño a partir das 14:30 horas. O xantar estará amenizado polo dúo Estrellas e contará con empanada, arroz caldoso, carrilleras con patacas fritas e ensalada, sobremesa e café no menú, que terá un prezo de 25 euros por persoa.
A celebración, aberta a todo o público, terá lugar na casa da cultura de Riotorto a e a data limite de inscrición é o 20 de xuño. Terán preferencia as persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais.
As actividades desenvolvéronse durante todo o ano para adultos e maiores.