Fin de semana de festas en Santaballa, A Regueira e San Pedro de Seixas
Chega a primeira fin de semana de xullo e hai numerosas festas preparadas na honra a San Pedro.
Esto é así en Santaballa de Vilalba, onde as orquestras Alabama Show en dobre sesión e Cinema, pola noite, actuarán o sábado. O domingo será Mar de Arousa a que fará a sesión vermú que porá o punto final á festa. Haberá misa os dous días con procesión pero o domingo participará no oficio Mestura de Nete.
Na Pastoriza tamén hai festa na localidade da Regueira. Estas comezan hoxe coa festa da Xuventude con disco móbil pola noite. O sábado a música estará tamén ao cargo de Galaxia en sesión vermú e verbena, e o Grupo M-5 pola noite. O domingo tamén farán dobrete Los Adrianos. Nas dúas xornadas está prevista misa maior e procesión ás 13.30 horas.
Na localidade da San Pedro de Seixas, en Cospeito, a celebración do sábado dará comezo ás 13.30 horas coa misa solemne á que seguirá a sesión vermú coa Orquestra Fuego, que tamén fará a verbena. O domingo comezarán coa verbena ás 13.00 horas. Farase ás 14.00 horas unha pausa para a misa e continuará a música ata que "o corpo aguante" con Punto Clave.
Tamén festexan outras localidades de Abadín e Guitiriz; Friol e Castro de Rei; e as vilas de Riotorto, Begonte e Muras.