Finaliza a renovación do pavillón polideportivo da Pastoriza
Remataron as obras de mellora no pavillón polideportivo da Pastoriza postas en marcha pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pastoriza.
As actuacións incluíron a instalación dun pavimento sintético e adaptado á diversidade da práctica deportiva que se ven desenvolvendo na pista, que se redefiniu para facilitar o acceso do público ás bancadas superiores. Tamén se fixeron melloras nas escaleiras e nas bancadas, ademais de poñer redes de protección tras as porterías.
A tenente alcalde da Pastoriza, Elva Carrera, explicou que “este investimento permitiunos renovar unhas instalacións moi empregadas para adestramentos e competicións tanto de deporte escolar como do futbol sala feminino, e tamén por alumnado do colexio e veciñanza en xeral” e incidiu na necesidade de “corrixir algunhas deficiencias que o edificio viña arrastrando desde a súa construcción, como a ubicación da pista, con dúas columnas no fondo que dificultaban o acceso á grada”
O convenio contemplaba un investimento conxunto de 64.000 euros e financiou tamén a renovación do canalón da fachada, xa realizado por parte do Concello da Pastoriza.