Finalizou o intercambio estudantil entre o colexio Nosa Señora do Pilar de Foz e os franceses de Limoux

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
22 sep 2019

Un grupo de 20 alumnos do CPR Plurilingüe Nosa Señora do Pilar (Foz) acolleu a outros 20 alumnos do instituto francés Saint Joseph de Limoux durante o que constituiría a segunda parte dun intercambio que se iniciaba no mes de xuño cando os alumnos focenses viaxaron a Francia. 

Os obxectivos deste intercambio eran por unha parte empregar o inglés como lingua vehicular e achegar dúas culturas mediante a estancia en familias e a convivencia diaria participando en moi diversas actividades dentro da nosa Comunidade. 

0.18898105621338