Financian dous proxectos de particulares da Rede Natura na Chaira

TerraChaXa
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destinará 765.
28 Ago 2018

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destinará 765.500 euros a financiar 25 proxectos de particulares na provincia de Lugo para realizar actuacións de recuperación, preservación e mellora en espazos incluídos na Rede Natura 2000.

Este investimento permitirá realizar actuacións de rehabilitación de elementos tradicionais e diversas iniciativas de adecuación e mellora en once concellos lucenses. Na Terra Chá serán sufragados un proxecto en Muras e outro en Begonte ademais dunha actuación de mellora do estado de conservación de zonas da Rede Natura que abrangue conxuntamente espazos de Outeiro de Rei, Begonte e Cervantes.

Este investimento permitirá financiar proxectos como a mellora de carreiros rurais, a creación dunha área recreativa, a rehabilitación de muros de pedra tradicionais, peches de madeira e lousados, a recuperación de soutos, a restauración de tres hórreos, a creación de roteiros de sendeirismo e diversas iniciativas de preservación, mellora e posta en valor da biodiversidade.

Segundo precisou Balseiro, os beneficiarios das axudas son tanto particulares como comunidades de montes ou asociacións. O Goberno galego achega a totalidade do orzamento das actuacións, de forma que os promotores só deben asumir o IVE.

Estas aportacións concédense ao abeiro dunha orde de axudas da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que teñen por obxecto a restauración, preservación e mellora da biodiversidade nas zonas Natura 2000 e os sistemas agrarios de alto valor natural, así como a mellora do estado das paisaxes agrarias galegas dentro dos espazos protexidos. 

0.19554495811462