Financian equipos para detectar perdas nas redes de abastecemento en 11 concellos

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
Concedéronse axudas a 11 concellos para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal subministrado de auga potable
contador auga municipal caixa
16 Abr 2022

Concedéronse axudas a 11 concellos lucenses para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade concedeu estas achegas  por un importe total que ascende a 40.300 euros.

Os concellos beneficiarios na provincia de Lugo son os de Riotorto, Ribeira de Piquín, Portomarín, Pantón, O Incio, Bóveda, Carballedo, Xermade, O Páramo, Ribadeo e Sober. O importe das axudas alcanzou o 100 % do investimento da actuación proposta en cada caso. Ao respecto, establécense distintas contías segundo o volume de poboación, con máximos que oscilan entre os 3.000 euros para municipios de ata 2.000 habitantes e os 15.000 euros para entidades de entre 20.001 e 50.000 habitantes.

Dende a Xunta explicaron que esta iniciativa ten por obxectivo promover que as entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación conten con contadores homologados que permitan detectar fugas de auga nas redes de abastecemento, de tal xeito que se fomente o emprego eficiente dos recursos hídricos.

Así mesmo sinalaron que esta iniciativa favorece a adaptación e cumprimento por parte dos concellos do recollido na Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca, que establece que os titulares das redes de abastecemento deben dispoñer de contadores homologados de medición de caudal de auga en todos os puntos de captación ou de subministración en alta e nos puntos de subministración final en alta ou en baixa, para detectar posibles fugas de auga en rede e facer un uso máis eficiente do recurso. 

0.19230103492737