Fitoiro-Alfoz e Lagoa, na Pastoriza, estarán de festa

TerraChaXa
As localidades pastoricenses de Fitoiro-Afoz e Lagoa celebran esta fin de semana as súas festas. No primeiro caso son na honra a San Adriano
festas-pastoriza
22 Xuño 2023

As localidades pastoricenses de Fitoiro-Afoz e Lagoa celebran esta fin de semana as súas festas. No primeiro caso son na honra a San Adriano e terán o seu inicio o venres 23, ás 22.00 horas, cunha churrascada con fogueira e queimada, que estará amenizada por Verónica Cambón.

O sábado terá lugar a misa solemne ás 13.30 horas para dar paso á procesión e sesión vermú co trío D'Lider. Este mesmo tamén estará na verbena xunto ao dúo Tropical.

O domingo continuarán as celebracións con Tania e o seu acordeón en sesión vermú, despois da misa solemne, que será ás 14.00 horas. O campo estará cuberto con carpa.

En Lagoa as celebración son na honra a San Xoán e contarán coa música de Máster en sesión vermú e verbena o sábado. Durante o descanso da mesma actuará Mago Deimi.

O domingo só haberá sesión vermú, será co dúo Venus. Os dous días haberá misa e procesión. No primeiro caso ás 13.30 horas e no segundo ás 14.00.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.19136500358582