Fitoiro-Alfoz e Lagoa, na Pastoriza, estarán de festa

TerraChaXa
No primeiro caso comezarán o venres cun xantar popular
festas-fitoiro-e-lagoa
18 Xuño 2024

As localidades pastoricenses de Fitoiro-Afoz e Lagoa celebran esta fin de semana as súas festas. No primeiro caso son na honra a San Adriano e terán o seu inicio o venres 21, ás 22.00 horas, cun xantar popular, que estará amenizad0 por Belinda.

O sábado terá lugar a misa solemne ás 13.30 horas para dar paso á procesión e sesión vermú co dúo Eclipse. Este mesmo tamén estará na verbena xunto ao dúo Belinda.

O domingo continuarán as celebracións co grupo Fénix en sesión vermú, despois da misa solemne, que será ás 14.00 horas. O campo estará cuberto con carpa.

En Lagoa as celebracións son na honra a San Xoán e contarán coa música de Jaque en sesión vermú e verbena o sábado co seu tour Juégatela.

O domingo só haberá sesión vermú, será co dúo Venus. Os dous días haberá misa e procesión. No primeiro caso ás 13.30 horas e no segundo ás 14.00.

0.20802998542786