Fogar de Maeloc abre un club de lectura na Pastoriza

TerraChaXa
O Hábital Cultural Fogar de Maeloc, situado na Casa da Cultura da Pastoriza, iniciará as súas actividades coa posta en marcha dun club de lectura.
70914895_112135680177136_1860952489759604736_o
23 sep 2019

O Hábital Cultural Fogar de Maeloc, situado na Casa da Cultura da Pastoriza, iniciará as súas actividades coa posta en marcha dun club de lectura. Os interesados en participar están citados para o próximo 27 de setembro, ás 21.30 horas neste lugar.

Dentro desta actividade, a primeira acción será unha charla con Alberto Uría sobre o libro El país del abeyeiro. Falaremos de apicultura, mundo rural e literatura. A continuación fundarse o clube de lectura.

Este proxecto parte da iniciativa de María López, Montse Cabaneiro e Sonia Dorado. Estas tres veciñas pastoricenses concibiron a idea logo de reflexionar sobre os datos asociados ao escaso tempo que se lle dedica á lectura.

O obxectivo do club é fomentar a lectura coma unha ferramenta para comprender ideas, aprender a relacionarse e establecer un pensamento crítico. “Tendo en conta que contamos cos recursos e medios necesarios só nos faltaba atopar un grupo de
xente ao que lle guste a lectura e aprender” di María López. As creadoras de Entre
liñas coinciden á hora de destacar as vantaxes desta actividade: estimular a
imaxinación, os sentidos e as emocións.

0.17880296707153