Folixa organiza unha recollida de panos solidarios
TerraChaXa
Poderán entregarse ata o 16 deste mes en varios puntos da vila
5 Out 2024
O Club Náutico Folixa (Náutico Folixa), en colaboración coa Rede galega de promoción da saúde, puxeron en marcha por segundo ano unha recollida de panos solidarios.
Estes panos serán doados ao Hospital de Día de Ferrol e distribuídos para aquelas persoas que estean con problemas de perda de cabelo polo cancro. Todas aquelas persoas interesadas en colaborar, poderán deixar os seus panos nas caixas distribuídas para isto na vila das Pontes, entre o día 1 e o 16 de outubro.
Os puntos de recollida nas Pontes están en:
- @cohempo (Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes)
Rúa Sergio Rivera Chao 5-7 B (As Pontes) - Expendiduria N4. Avenida de Vilalba nº 2.
- @niza_complementos. Avenida de Galicia nº 52