Folixa Summer Camp abre nas Pontes o prazo de inscrición

O Folixa Summer Camp abre a inscrición para as súas quendas de campamento de verán no mes de agosto, combinando deporte, praia e aprendizaxe de inglés para nenos e nenas.
Este campamento ofrecerá actividades como kayak, dragón boat, surf, paddle surf, xogos na praia e inglés, nun ambiente dinámico e seguro para os máis pequenos.
As actividades desenvolveranse en quendas semanais ao longo do mes de agosto, do 4 ao 8; do 11 ao 15, do 18 ao 22 e do 25 ao 29 de agosto.
O Folixa Summer Camp ten como obxectivo fomentar a actividade física, a socialización e o contacto coa natureza, ao mesmo tempo que os participantes practican inglés nunha contorna divertida e lúdica.
As familias interesadas poden solicitar máis información ou realizar a súa inscrición a través do teléfono 655 22 15 44 ou na web www.nauticofoixa.com.