Fomento licita as obras para habilitar un aparcadoiro en Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Ministerio de Fomento, segundo publicou hai apenas dous días no Boletín Oficial do Estado, BOE, licitou as obras de acondicionamento de tres parcelas para aparcadoiro na Travesía Casas Novas, 3, Mondoñedo (Lugo), cun importe de licitación que ascende a 131.
22 Out 2019

O Ministerio de Fomento, segundo publicou hai apenas dous días no Boletín Oficial do Estado, BOE, licitou as obras de acondicionamento de tres parcelas para aparcadoiro na Travesía Casas Novas, 3, Mondoñedo (Lugo), cun importe de licitación que ascende a 131.174 euros.

As obras iniciaránse a principios de 2020 e prevese un prazo de execución de cinco meses.

Os traballos van dirixidos á adecuación dunha parcela libre, próxima ao centro, para que os visitantes da cidade podan aparcar os seus vehículos, liberando o casco histórico da súa circulación. Intervirase tamén no acceso á parcela.  

Fomento ten actuado no casco histórico de Mondoñedo, en concreto, en 2017 finalizaron as obras de rehabilitación de espazos urbáns da Rúa Lence Santar, aportando un total de 155.800 euros.

A mencionada actuación realizouse no marco marco do Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico, que consiste na execución de obras relevantes de rehabilitación do patrimonio arquitectónico español e dotación de equipamientos públicos cos presupostos propios do Ministerio. Nestes casos, o Ministerio exerce como órgano de contratación das obras, prevéndose destinar no exercicio de 2019 máis de 22 millóns de euros.

Por outro lado, o Ministerio financia outro importante número de actuacións a través do Programa do 1,5% Cultural, que constitúe un dos instrumentos da Administración do Estado para responder ao mandato constitucional polo que os Poderes Públicos deben garantir a conservación e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España e dos bens que o integran.

Tralo establecemiento do novo procedimento de concurrencia competitiva, no VII Acordo de Colaboración entre os Ministerios de Fomento e o daquela Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, son xa tres as convocatorias de axudas publicadas.

A última delas, publicada no BOE do 5 de xuño de 2018, supón a financiación de novas actuacións por un importe máximo total de 51 millóns de euros. 

0.1492908000946