Fomento remata os traballos de mellora da travesía de Abadín e accesos á A-8

TerraChaXa
As actuacións incluíron o fresado e reposición completa da glorieta, así como parte dos ramais de acceso
obras-travesia-abadin
5 Sep 2025

O PSdeG de Abadín informou de que, tal e como se comprometera o ano pasado, neste mes remataron os traballos da segunda fase de mellora no firme da N-634 e nos accesos á autovía A-8, executados polo Ministerio de Fomento.

As actuacións incluíron o fresado e reposición completa da glorieta, así como parte dos ramais de acceso do enlace da A-8 no punto quilométrico 556. Ademais, realizáronse traballos de fresado e reposición na N-634, desde o punto quilométrico 605+584 ata o 605+826, e tamén un parche de 48 metros de lonxitude na vía de conexión entre a glorieta da N-634, no PK 605+950, e a glorieta do enlace coa A-8 no PK 556. Todas estas obras completáronse coa correspondente sinalización horizontal.

Esta segunda fase contou cun investimento aproximado de 82.000 euros.

Desde a agrupación socialista destacan que cumpren os compromisos adquiridos e subliñan que o grupo de persoas que forma parte do PSdeG de Abadín seguirá traballando ao servizo das veciñas e veciños, sempre dentro das súas posibilidades.

⚙ Configurar cookies
0.1603147983551