Fonmiñá acolle o domingo un evento gastronómico e musical

TerraChaXa
Haberá sesión vermú e degustación de tapas
Ruta Pastoriza augas Fonmiña praia baltar
Fonmiñá
30 Xul 2024

A área recreativa de Fonmiñá, na Pastoriza, acollerá este domingo, 4 de agosto, un evento cultural seguindo a liña iniciada o pasado ano.

Así, entre as 12.00 3 as 16.30 horas haberá unha sesión vermú cun DJ. Ademais prestarase servizo de bar e haberá degustación de tapas coa foodtruck Galicia sabe a Mar.

Esta actividade está organizada pola comisión de festas Fonmiñá en colaboración co Concello da Pastoriza.

0.16128396987915