Fonmiñá acolle unha exposicion de J. de la Comba co título 'Nostalxia'

TerraChaXa
A exposición invita a reflexionar sobre o impacto da desaparición de especies e a urxencia de protexer o noso medio natural
nostalxia-a-pastoriza
22 Jan 2025

A Pastoriza acolle a exposición Nostalxia, unha mostra de fotografías e vídeos de J. de la Comba, que estará aberta ao público no Centro de Interpretación do Alto Miño, en Fonmiñá, ata o 28 de febreiro de 2025.

A exposición invita a reflexionar sobre o impacto da desaparición de especies e a urxencia de protexer o noso medio natural. A través das imaxes, os visitantes poderán explorar o vínculo entre a memoria, a natureza e os retos ambientais que afrontamos como sociedade.

O horario para visitar a mostra será de martes a sábado, de 10:00 a 14:00 horas, ofrecendo unha oportunidade única para gozar da sensibilidade artística e da mensaxe ecolóxica de J. de la Comba.

0.16473007202148