Fonmiñá celebra o San Miguel este sábado cunha chocolatada

A parroquia de Fonmiñá, no concello da Pastoriza, celebrará o vindeiro sábado 4 de outubro de 2025 a súa tradicional festa en honra a San Miguel. A xornada festiva comezará cunha misa solemne ás 13:30 horas, á que seguirá a procesión. Tras os actos relixiosos terá lugar a sesión vermú amenizada polo Grupo Lecer, que tamén se encargará da animación musical durante a verbena nocturna.
No descanso da celebración, como vén sendo costume, repartirase chocolate con churros para todos os asistentes. A festa desenvolverase nun campo cuberto con carpa, o que garante o bo ambiente independentemente da meteoroloxía.