Formación especializada para o emprendemento no Espazo Xove de Vilalba
O Espazo Xove de Vilalba acollerá o vindeiro venres 10 de novembro a partir das cinco da tarde a xornada "FORMATour: formación especializada para o emprego e o emprendemento" dirixido a formar en seis habilidades transversais que potencien e fortalezan o emprendemento dos mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.
A iniciativa, impulsada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado dependente da consellería de Política Social como parte da actividade "Cataliza", combina actividades formativas presenciais en grupo, actividades formativas personalizadas e sesións de coaching.
O proxecto tamén prevé a visita a empresas da zona para ver o seu funcionamento e organización. A segunda sesión, a de "CoachTour" desenvolverase o xoves 7 de decembro.
Inscricións
A inscrición, aberta para tódolos interesados e interesadas, pódese formalizar a través do formulario electrónico do portal de Xuventude ou no propio Espazo Xove en horario de tarde.