Formoso aboga polo uso dos biocombustibles en Endesa tras unha visita á fábrica

TerraChaXa
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, abogou, está mañá, polo uso de biocombustibles na central térmica do municipio como solución á xestión dos residuos orgánicos do sector agrícola, tras a visita realizada xunto co Secretario Xeral de Unións Agrarias, Roberto García, á planta pontesa para coñecer de primeira man os resultados das probas de hibridación de combustibles para a xeración de enerxía eléctrica que se están levando a cabo desde o pasado mes de setembro.
118790435_1329332833939881_8524750083245611793_o
14 Out 2020

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, abogou, está mañá, polo uso de biocombustibles na central térmica do municipio como solución á xestión dos residuos orgánicos do sector agrícola, tras a visita realizada xunto co Secretario Xeral de Unións Agrarias, Roberto García, á planta pontesa para coñecer de primeira man os resultados das probas de hibridación de combustibles para a xeración de enerxía eléctrica que se están levando a cabo desde o pasado mes de setembro.

O rexedor local agradeceu a presenza nas Pontes do representante do principal sindicato agrario de Galicia, "nun momento esencial para o futuro das Pontes e no que a central térmica pode ser unha solución ambiental para o sector gandeiro e agrícola galego, cando comezan unha fase de maior control e supervisión por parte das administracións coa entrada en vigor dun novo regulamento comunitario que conleva maiores esixencias aos productores e produtoras agrarios".

Asemade, González Formoso salientou o apoio do sindicato para que a central térmica das Pontes pase a ter un papel relevante na resolución do problema ambiental que ten, no só Galicia senón tamén no resto de comunidades autónomas.

Pola súa banda, Roberto García tamén fixo finapé na problematica actual á que se enfrontan as explotacións gandeiras ante as novas esixencias eurpoeas para a xestión do abono orgánico, especialmente en explotacións de gando porcino e avícola, e subliñou o compromiso do sector agrario galego co medio natural e a necesidade de poñer en marcha iniciativas para loitar contra o cambio climático e manter a xestión e poboación no territorio.

Nese sentido, o Secretario Xeral de Unións Agrarias remarcou que o modelo de xestión que se quere impoñer desde Europa, baseado na creación de plantas de tratamento de refugallos por comarcas, nos que os propios gandeiros teñen que facer fronte os seus custes é inasumible.

"O uso de biocombustibles na central térmica das Pontes preséntase como unha oportunidade, a coste cero, non só para a empresa eléctrica senón para centros de produtores agrícolas que atopan na xestión dos abonos orgánicos unha dificultade. Convertemos un problema de difícil solución nun activo que permitirá dar solución ao mantemento dun sector que xera 50.000 empregos en Galicia e que é esencial na xestión do territorio ademais estamos ante unha oportunidade para cambiar o modelo de producción de enerxía eléctrica" engadiu Roberto García.

0.15053510665894