Foz condea no pleno a violencia, a raíz da morte dunha veciña

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A raíz da tráxica morte dunha veciña da vila focense, o Concello de Foz aprobará no pleno ordinario da corporación municipal que se celebrará hoxe martes, unha declaración institucional condenando todo tipo de violencia.
5 Nov 2019

O texto, consensuado por todos os grupos políticos municipais, é o seguinte: “O Concello de Foz recibiu unha triste, amarga e impactante noticia, coa que estamos absolutamente consternados. Á espera da confirmación oficial dun presunto crime de ámbito doméstico no noso pobo, o conxunto da corporación de Foz quere trasladar a súa firme condena a todo tipo de violencia. Tamén queremos enviarlles a tódolos veciños e veciñas un mensaxe de absoluta tranquilidade e de confianza nas forzas de orde público, que están a facer o seu traballo dunha forma profesional e exemplar. As nosas condolencias a amigos e familiares”.

0.1613941192627