Foz é o único Concello da comarca en alerta que suma un positivo

TerraChaXa | AMariñaXa
Foz, o único Concello en alerta que suma positivos, un. Na provincia baixaron do milleiro de casos e xa son 967
tdm2
29 Nov 2020

O índice de casos activo de covid-19 experimentou unha baixada importante ao porse por debaixo do milleiro de casos, 967, tras confirmarse 31 novos positivos pero compensarse con 129 altas o que fai xa que sexan 5.123 as persoas que superaron a enfermidade no que vai de pandemia e 6.212 os casos detectados no histórico dende marzo. O descenso de casos activos, polo tanto é de 98 mentres que os novos positivos son a metade respecto ao día anterior.

Pola contra, os falecidos son 121, unha vez que se incluiu a última morte notificada na noite do venres pero que non estaba contabilizada no anterior parte do Sergas.

Volve aumentar eso si a presión hospitalaria que pasa de 36 a 39. Catro deles seguen na UCI mentres que en planta hai 25 (dous máis recupéranse no hospital público lucense, 7 no Hospital da Mariña (dous máis) e 3 no de Monforte (un menos).

Na Mariña, a situación segue á baixa. Os concellos que estiveron en risco continúan sen casos novos como Burela, que baixa a 31; Viveiro, que baixa a 10 casos rexistrados nos últimos días e Cervo con 12 (un menos).

Só se contabiliza un caso novo en Foz, que xa ten 27 casos detectados nos últimos 14 días.

0.15859198570251