Foz licita a mellora de camiños en varias parroquias

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Foz licita a mellora de camiños nas parroquias de Cangas, Nois, Fazouro, Vilaronte e Santa Cilla cun orzamento total de 279.
12 Out 2019

O Concello de Foz licita a mellora de camiños nas parroquias de Cangas, Nois, Fazouro, Vilaronte e Santa Cilla cun orzamento total de 279.089,89 euros.

O Concello focense informa a todas aquelas empresas interesadas da licitación pública para o arranxo de varios camiños nas parroquias de Cangas (Alemparte-Vilamor), Nois (Cabanas-Lamallada e Apeadero-Carpacide), Fazouro (Bargado-Lousada), Vilaronte (Río-O Carmen) e Santa Cilla.

As obras saen a contrato en dous lotes por un importe total de 279.089,89 euros, con cargo ao Plan Único 2019. Toda a información relativa ao procedemento estará na plataforma de contratación do Estado.

0.13007616996765