Foz organiza a I Festa Mariñeira os días 14, 15 e 16 de xuño

TerraChaXa | AMariñaXa
29 Maio 2019

O Concello de Foz organiza a I Festa Mariñeira os días 14, 15 e 16 de xuño na praza Conde de Fontao. Na primeira xornada haberá un pregón a cargo de Antonio Rey Otero que será ás 21:00 horas, para despois dar paso a actuación da charanga LouBand de Sarria, que animará aos visitantes nos bares participantes.
Na xornada do día 15 dende ás 11 da mañá, haberá inchables e talleres para os máis cativos, que estarán ubicados na zona da ribeira e da praza Conde Fontao. Ás 13:00 horas haberá unha sesión vermú no bar A Ribeira co grupo Combo Folk, e tamén no Muelle Bar con Carta de Ajuste. Xa pola tarde será a quenda da actuación do Mago Deimi no Muelle Bar, e o concerto diante do bar A Rula do grupo Versións Libre. Ás 21:00 horas haberá varios concertos diante dos bares Fontao, A Viela e A Ramba, polo Dúo Desenchufados; e nos bares A Funcional, O Lar e Rente Mar, estará a cargo do Grupo Hijos del Tercer Acorde.
O domingo día 16 haberá cantos de taberna por todos os bares, e por último ás 15:00 horas será o sorteo de unha viaxe a Canarias para dúas persoas entre todas as papeletas seladas.

0.18973803520203