Foz pintará pasos de peóns e instalará pivotes nas principais rúas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
2 sep 2019

O concelleiro de turismo, comercio e actividades económicas do Concello de Foz, o socialista José María Linares Rodríguez, 'Chema', avanza que en setembro continuarán coas obras de pintados de pasos de cebra principalmente nas máis importantes rúas focenses, así como van proceder á instalación de bolardos en determinados lugares onde agora están aparcando coches, o que causa certo caos no casco urbán.

Principalmente váise actuar na Avenida da Mariña e en Álvaro Cunqueiro.

O Concello advirte de que fará un plan de mobilidade para regular o tráfico e en principio agardan que o faga a empresa que o fixo durante o verán, un período onde Foz triplica practicamente a súa poboación.

O alcalde, Fran Cajoto, reitera que elaborar un Plan de Mobilidade e Seguridade Viaria segue sendo unha prioridade para o goberno local, que o contempla a medio prazo. O que si será máis inminente será a batería de medidas que o Concello desenvolverá pasado o verán, en aras de mellorar a convivencia entre condutores e peóns nos dous viais reformados nos últimos anos: a Avenida da Mariña e a Avenida Álvaro Cunqueiro.

Para empezar, ambas as dúas rúas serán de entrada e saída para Foz como o tiñan sido antes das obras.

0.21571111679077