Foz sumóuse ás concentracións en repulsa dos crimes de Valga e Madrid

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Praza do Concello de Foz acolleu no mediodía de hoxe, mércores, unha concentración de condena e repulsa polos asasinatos machistas ocorridos esta semana en Valga (Pontevedra) e Madrid, nos que faleceron catro mulleres.
marionetas trecola karalume
19 Sep 2019

A Praza do Concello de Foz acolleu no mediodía de hoxe, mércores, unha concentración de condena e repulsa polos asasinatos machistas ocorridos esta semana en Valga (Pontevedra) e Madrid, nos que faleceron catro mulleres. Entre os asistentes estiveron o alcalde focense, Fran Cajoto, e outros membros da corporación municipal.

No acto, convocado polo Concello de Foz, a concelleira de Muller e Igualdade, Verónica Peña, leu un manifesto no que destacou que só a unidade entre homes e mulleres pode facer cambiar a mentalidade desta sociedade machista. Ademais lembrou que na noite deste venres, día 20, acenderanse luces de cor lila na fachada da Casa do Concello como sinal de loita das mulleres para ser libres e poder vivir sen medo. A ese acto, programado para as 21.30 horas, están convocados os veciños e veciñas, aos que se invita a levar luces de cor violeta.

A concentración de hoxe rematou cun minuto de silencio en memoria das vítimas e como mostra de cariño do pobo de Foz cos seus fillos, demais familiares e amigos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17233896255493