Fran Amil presenta o seu musical para nenos na Casa Museo Manuel María

TerraChaXa
Este sábado, 27 de outubro, ás 18 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, e dirixido para público infantil e familiar, Fran Amil (Chuches Amil) presentará o seu último traballo, Monstros, con ou sen consentimento.
monstros compressed_portada
26 Out 2018

Este sábado, 27 de outubro, ás 18 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, e dirixido para público infantil e familiar, Fran Amil (Chuches Amil) presentará o seu último traballo, Monstros, con ou sen consentimento.

O músico, compositor e produtor Fran Amil, xunto a Aarón Bouzón, interpretarán unha serie de temas con moito ritmo como Rock sideral; Son un lobo bon; Este robot é unha máquina; Ñam-ñam; O monstro-orquestra… e presentarán un colección de distintos monstros a través de variados estilos musicais: blues, rock, pop, swing …

Un conto ao revés e A voz do vento, en que fixo unha homenaxe a Manuel María achegando en forma de música once poemas dos seus poemas, foron os traballos anteriores de Amil.

O espectáculo, coorganizado coa ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Rábade e coa ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei, dura por volta de 45 minutos e as familias interesadas en asistiren poden reservar a entrada (billete 2 euros) escribindo a contacto@casamuseomanuelmaria.gal.

monstruos
0.191330909729