Fran Fernández Dávila gaña o primeiro premio do VII Certame de Poesía Torre de Caldaloba

TerraChaXa
O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino impulsaron unha nova edición do certame co obxectivo de poñer en valor o monumento e fomentar a creación poética
Premio-poesía-Torre-de-Caldaloba-Cospeito-25
13 Dec 2025

Fran Fernández Dávila foi o gañador do primeiro premio do VII Certame de Poesía Torre de Caldaloba, un certame que se consolida como unha cita destacada para a promoción da creación literaria vencellada ao patrimonio histórico.

O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ, convocaron a VIII edición do certame, dando continuidade a unha iniciativa que combina cultura, memoria e poesía.

O certame naceu coa finalidade de poñer en valor a Torre de Caldaloba como símbolo patrimonial, contribuír á súa conservación e estimular a creatividade literaria a través da poesía.

A convocatoria pretende servir tamén como espazo de impulso á escrita poética, promovendo a participación de autores e autoras e reforzando o vínculo entre a creación artística e a defensa do patrimonio cultural.

⚙ Configurar cookies
0.081027984619141