Fran Pico fíxose coa vitoria no III Slalom Concello de Guitiriz

TerraChaXa
Gran expectación no Campo da Feira para desfrutar da terceira edición do Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Ruta da Auga.
III slalom ruta da auga guitiriz4
27 Mar 2022

Gran expectación no Campo da Feira para desfrutar da terceira edición do Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Ruta da Auga, que dá inicio ao Campionato Galego de Slalom.

A competición inicouse ao redor das catro da tarde pero pola mañá, ás 11 horas, realizáronse as dúas mangas de adestramentos. Os asistentes puideron gozar da destreza de pilotos da talla de Manuel Trevín, Fran Pico, Manuel José Souto, David Santos e Víctor Méndez.

O excampión galego Fran Pico, da escudería Moeche, foi precisamente o gañador da proba deste sábado tras impoñerse ao 36 pilotos presentes cun crono na primeira manga de 1.40.266, o único que baixou de 1.41.

A segunda praza correspondeu ao seu compañeiro de equipo Diego González, cun tempo de 1.41.127.

Bos resultados tamén para Manuel Trevín e Aitor Formoso que competían polo automóvil club As Pontes ou Manuel Souto, de Oroso Motorsport.

A categoría feminina, con cinco participantes, estivo liderada por Laura Rañal, do Scratch Fene, cun tempo de 1.53.646, quen obtivo tamén o trofeo Wash-Up Guitiriz.

A primeira vitoria en iniciación, con 16 pilotos en competición, foi para Iván Picallo, da escudería moeche, con 1.53.083, que o situou undécimo. O trofeo de debutantes, que o disputaban 5 competidores, foi para Jesús Veiga, tamén do Scratch Fene cun tempo de 1.58.918.

0.18189597129822