Francisco García presenta en Meira este venres o seu novo libro

TerraChaXa
Ademais do propio autor, intervirán, Antonio de Dios, Araceli Pillado e Carlos Veiga
presentacion-libro-francisco-garcia
Invitación á presentación
27 Jun 2024

Este venres 28 de xuño, ás 20.30 no salón de plenos de Meira, contarase coa visita de Francisco García Novo, que presentara o seu libro Os madrileños non sempre veñen en agosto.

Sabela, unha moza que vive en Madrid e que vén dunha ruptura matrimonial, decide, para curar as súas feridas, retornar á súa aldea natal a mediados do mes de maio -cando o habitual é que os madrileños volvan en agosto- e o feito produce estrañeza na veciñanza.

Nada máis chegar, aínda entre bágoas e suspiros, soubo que Antón e Paulo, amigos da nenez e compañeiros da escola, aos que lembraba como íntimos amigos, están anoxados de xeito irreconciliábel. A curiosidade obrígaa a investigar as causas desa inimizade, pescudando e preguntando a uns e a outros, incluídos os protagonistas. Non podía sospeitar as consecuencias que esas indagacións terían para eles e para ela mesma.

Ademais do propio autor, intervirán, Antonio de Dios, Araceli Pillado e Carlos Veiga.

0.16226410865784