Francisco Javier Fernández Dávila recibiu o premio de poesía Torre de Caldaloba

TerraChaXa
O poemario gañador foi 'xVO+' e en segundo lugar quedou 'A Vasteza do nó', de Rafael Xoán Muñoz Castro
entrega-premio-caldaloba-fernandez-davila
25 Nov 2024

O xurado do VII Certame de Poesía Torre de Caldaloba entregou esta fin de semana os premios aos gañadores de esta edición. O primeiro corresponden á obra xVO+, presentado co seudónimo Albatros, cuxa autoría é de Francisco Javier Fernández Dávila.

O segundo premio foi para a obra A vasteza do nó, de Rafael Xoán Muñoz Castro (Amauta Castro).

De xVO+ o xurado dixo que amosa unha voz poética fresca cuns versos que retumban, que achegan a poesía a outras dimensións. Un poemario de vangarda, talvez unha bomba poética cuxos elementos van irradiar a outros eidos literarios ou non.

De A vasteza do nó, o xurado destaca a composición de estrofas breves que poden lembrar á vertente poética grecolatina. Tamén destaca a creación de sinestesias de alto rendemento poético. A composición dun escenario do desexo, coa descuberta do corpo a través dunha linguaxe de gran acerto literario.

A biblioteca rural de Pino acolleu a entrega dos galardóns nun acto no que interviñeron os propios autores, que presentaron as súas obras. Tamén asistiron os membros do xurado así como representantes entidades organizadores, o Concello de Cospeito, a asociación San Martiño de Pino e Culturalia GZ.

O xurado estivo integrado por Adolfina Mesa, Ánxela Gracián, Armando Requeixo, Cecilia F. Santomé e Xosé Otero Canto.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17327690124512