Francos, en Outeiro de Rei estará de festas o 23 e 24 deste mes
TerraChaXa | LugoXa
O vindeiro sábado 23 e domingo 24 a localidade de Francos, en Outeiro de Rei, celebra as súas festas na honra a San Benito.
19 sep 2023
O vindeiro sábado 23 e domingo 24 a localidade de Francos, en Outeiro de Rei, celebra as súas festas na honra a San Benito.
O sábado, ás 13.30 horas, haberá unha misa solemne, procesión e sesión vermú co dúo Elixir que, ademais, será o encargado de amenizar a verbena da noite xunto a Judith Cundís.
O domingo, tamén haberá misa solemne, procesión e, para rematar, sesión vermú co trío Merengue.
Ademais, o venres 22, ás 20.30 horas, haberá unha sesión de cine no local social a cargo de Cine na Palleira.