Friol acolle a proxección do documental sobre as segundas Olimpíadas Rurais

LugoXa | TerraChaXa
A cita terá lugar este sábado 22 ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural
proxeccion-documental-olimpiadas-rurais
19 Nov 2025

O Concello de Friol anuncia a proxección do documental das II Olimpíadas Rurais de Galicia, unha produción que recolle a emoción, o esforzo e o espírito de convivencia vivido durante o evento. A cita terá lugar este sábado 22 ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Friol.

A organización lembra que as veciñas e veciños foron protagonistas fundamentais das Olimpíadas e queren que o sexan tamén agora, revivindo a experiencia a través das imaxes que amosan o traballo e o entusiasmo dos diferentes equipos participantes. O obxectivo desta proxección é dar maior visibilidade á iniciativa e agradecer a implicación, a acollida e o apoio recibidos, elementos clave para o éxito da actividade.

A cidadanía está convidada a asistir e compartir un momento de lembranza colectiva. A organización anima a non perder esta oportunidade de volver gozar do espírito das Olimpíadas Rurais.

⚙ Configurar cookies
0.070958852767944