Friol acolle de novo as xornadas sobre transferencia embrionaria
O Concello de Friol acolle mañá, 10 de xaneiro, as II Xornadas Teórico-Practicas sobre Transferencia Embrionaria co título Inseminación Artifical do Gando Bovino, organizadas entre a entidade local e o GDR 4.
Este curso desenvolverase en dúas sesión, teórica e práctica. A sesión teórica desenvolverase no centro sociocultural de Friol entre as 10.00 e as 14.00 horas para tragar aspectos básicos da anatomía e fisioloxía do aparello reprodutor da vaca, así como detección de celo, patoloxías da reprodución, inseminación artificación, desconxelación e manexo do seme e xestión dos tratamentos reprodutivos.
Pola tarde, os asistentes traladaranse á Facultade de Veterinarioa para realizar a parte práctica que se desenvolverá entre as 16.00 e as 19.00 horas. Realizarán prácticas de desconxelación do seme, inseminación de úteros de matadoiro e inseminación de vacas.
O prazo de inscrición está aínda aberto e pode realizarse no concello, no teléfono 982 375 001, ou no propio GDR 982 238 000 ou 679 732 163. Tamén pode enviarse un correo a info@comarcadelugo.gal.