Friol acolle o domingo un campionato de cans de rastro

LugoXa | TerraChaXa
Será no club fluvial a partir das 8.30 horas
campionato-cans-de-rastro-friol
Cartel do evento
4 Jun 2024

A Asociación de Cazadores de Santa María Alta organiza o domingo 9 de xuño unha proba Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril en Friol, xunto coa Federación Galega de Caza. A proba é puntuable para a Copa Galicia.

A cita e a concentración previa será no Club Fluvial a partir das 8.30 horas. Os 5 premios consistirán en premios económicos de entre 200 e 50 euros ademais de penso.

A participación será libre, só cómpre ter a licencia de caza federativa.

O prezo da inscrición é de 55 euros co segundo can a 20 euros.

0.12343883514404