Friol acolle o sábado unha recreación do quefacer das costureiras
TerraChaXa | LugoXa
O centro sociocultural de Friol acollerá o vindeiro sábado, 16 de xaneiro, ás 17.
12 Xan 2021
O centro sociocultural de Friol acollerá o vindeiro sábado, 16 de xaneiro, ás 17.00 horas a presentación da peza Costureiras do grupo Tarabela Creativa de Santiago de Compostela.
Costureiras é unha función de narración oral a dúas bandas entre Ángeles Goás, unha veciña de Abadín afincada en Compostela, e Caxoto, un veciño de Cervo afincado na Coruña, con lembranzas e historias sobre a vida das costureiras.
A actuación enmárcase na programación cultural da Deputación de Lugo e conta coa colaboración da asociación Carballo Vivo.