Friol acolle un curso de primeiros auxilios pediátricos

LugoXa | TerraChaXa
Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos nos pequenos
curso-primeiros-auxilios-pediatricos-begonte
1 Nov 2024

Friol acolle un obradoiro de primeiros auxilios pediátricos dirixido a mulleres maiores de 18 anos que terá lugar no salón de actos do centro sociocultural o 8 de novembro de 16.00 a 21.00 horas.

Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos nos pequenos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

Falarase sobre idades, morte súbita, obstrucións das vías, intoxicacións, picaduras, erupcións, shocks, convulsións e alerxias entre outras moitas cousas.

As inscricións poden realizarse no 982 375 001, no correo cultura@concellodefriol.es ou no propio concello.

0.19054102897644