Friol acolle un curso sobre mellora de gandería de vacún de carne

TerraChaXa
A Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGAGAL) organiza o curso Iniciación e mellora da gandería de vacún de carne.
curso gando friol portada
11 Xul 2021

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGAGAL), en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo organiza o curso Iniciación e mellora da gandería de vacún de carne.

A formación, impartida por Beealia, desenvolverase do 19 ao 23 de xullo con 25 horas lectivas. O curso impartirase na aula de formación do Centro Colaborativo de Friol, na rúa Deputación.

As xornadas están destinadas a agricultores en activo, persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria, así como persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.

No curso abordaranse diferentes contidos, como a situación do sector vacún de carne, as razas de vacún de carne, alimentación, reprodución, sistemas de produción en Galicia, cebo de xatos, comercialización ou sanidade entre outros moitos conceptos vinculados, como as axudas, a fertilización de pradeiras, instalacións de manexo de gando ou o lobo. Haberá tamén a visita a unha gandería.

curso friol gando
0.18262410163879