Friol acolle unha xornada sobre smart village
TerraChaXa
O centro sociocultural de Friol acollerá este xoves, 23 de xullo, unhas xornadas sobre Smart Village e a nova ruralidade, que se impartirán de 16.
21 Xul 2020
O centro sociocultural de Friol acollerá este xoves, 23 de xullo, unhas xornadas sobre Smart Village e a nova ruralidade, que se impartirán de 16.00 a 2o.00 horas organizadas polo GDR4, correspondente á comarca de Lugo.
Nestas charlas informarase do que son as Smart Cities e cales son os seus obxectivos, así como outras dos conceptos vinculados como son submámbitos e territorios smart. Tamén se exporán algúns dos asos de éxito de cidades e territorios e se falará da aplicación da tecnoloxía smart ao medio rural.
A charla estará ao cargo de Xaime Garaboa Fernández, de Fundación Galicia Sostible.
A incripción pode facerse no teléfono 982 238 000 ou no correo info@comarcadelugo.gal.