Friol acollerá en febreiro a segunda xornada da Serpe Golden League de judo

LugoXa | TerraChaXa
A competición arrancará ás 09:30 horas e desenvolverase en xornada de mañá e tarde cunha participación de máis de 400 inscritos
serpe-golden-league-friol
24 Jan 2026

O Concello de Friol será escenario o primeiro domingo de febreiro da segunda xornada da I Serpe Golden League de judo, unha liga que se celebra por primeira vez coa colaboración de varios concellos, e nesta ocasión tócalle a quenda a Friol. O evento está organizado pola A.D. Serpe Golden League Judo e o Concello de Friol.

A presentación oficial de esta xornada tivo lugar este venres e estivo presidida polo alcalde, José A. Santos, acompañado por membros da organización e da concelleira Ángeles Buján.

Tralo éxito da apertura desta liga en Guntín, o judo galego ten unha nova cita no pavillón municipal de Friol, un evento nacido da unión de forzas entre o Judo Club Lugokan e Lvcvs Dojo.

A competición arrancará ás 09:30 horas e desenvolverase en xornada de mañá e tarde. Espérase unha participación masiva con máis de 400 inscritos, de distintas partes da nosa comunidade e tamén de comunidades veciñas, confirmando a boa acollida de este proxecto que consta de cinco xornadas en total. O formato da liga fomenta o espectáculo e a competitividade, emparellando aos rivais por nivel técnico, o que permitirá ver combates igualados tanto de principiantes como de medallistas nacionais.

​Desde a organización invitan a veciños e visitantes a acercarse ao pavillón, destacando que o evento coincide co día de Feira mensual en Friol. "Será unha oportunidade ideal para desfrutar de un domingo completo combinando o mellor judo de base e a recoñecida gastronomía local", di o alcalde.

Destacou tamén que “desde o Concello intentamos acoller distintas propostas, para promocionar distintos deportes e distintas actividades que axuden a seguir dinamizando o noso concello, e nós seguiremos abrindo os nosos brazos a todas as persoas que veñan a coñecernos”.

⚙ Configurar cookies
0.07539701461792