Friol acollerá o domingo unha nova Feira do queixo e do pan de Ousá

TerraChaXa | LugoXa
O próximo día 26 de marzo celebrarase a XXIX Edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá no Concello de Friol, tras dous anos.
presentacion feira do queixo friol
13 Mar 2024

O Concello ten preparado un ambicioso programa de actividades para celebrar a XXX edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá de Friol, e que de novo adianta ás 9.30 horas a apertura da Feira e farano como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Así, o domingo 24 de marzo, Friol converterase un ano máis na capital galega do Queixo e do Pan, dous produtos totalmente artesáns. Ambos están  elaborados coas mellores materias primas do municipio, e contan cun elemento  fundamental para conseguir a calidade pola que se caracterizan, que é "o cariño que as nosas  queixeiras e os nosos panadeiros e panadeiras amosan no momento da súa elaboración", dixo o alcalde, José A. Santos. 

Este ano contarán con preto de 60 queixeiras e tamén haberá 5 panaderías de Ousá cunha previsión de público de máis de  30.000 persoas.

E a maiores, como todos os anos, a capitalidade do municipio estará ese día ateigada de expositores de diferentes sectores, xa que na contorna da carpa principal ubicaranse numerosos stands de produtos agroalimentarios do municipio, tamén de ámbito textil, e distintos postos de hostalería tradicional.

O eixo principal da Feira volverá situarse nunha grande carpa ubicada na praza Andón Cebreiro para a exposición dos produtos. As rúas Deputación e Santa Isabel permanecerán pechadas ao tráfico, dado que estarán destinadas á montaxe de polberías e de tendas ambulantes.

O Concello de Friol organiza un taller de elaboración de queixos, coa finalidade de que a poboación infantil do municipio vexa o traballo que hai detrás dun queixo artesán como o que elaboran as queixeiras.

PROGRAMA 

O programa terá o 22 de marzo unha sesión previa cun acto conmemorativo do 30 aniversario da Feira. Consistirá na proxección do documental Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá no centro sociocultural, a partir das 19.00. horas.

O domingo a xornada dará comezo ás 9.30 co tradicional lanzamento de foguetes para asignar posteriormente os stands ás queixeiras e panaderías que participen.

Ás 11.00 horas será a apertura da Feira co simbólico corte de cinta. Durante toda a mañá haberá actuacións de pasarrúas e charangas polas rúas do  Concello a cargo de Xesta Verde de Friol. 

Despois do grande éxito do ano pasado, este ano volverán organizar un obradoiro infantil de elaboración do queixo de Friol, aberto a tódolos pequenos do municipio para que coñezan a maneira de elaborar este produto, e inculcarlles o valor que supoñen estes produtos para o rural.

Ás 19.00 horas celébrase un concerto folk no salón de actos do centro sociocultural de Friol, que este ano corre a cargo de Comando Curuxás. Ás 22.30 horas comezará a romaría amenizada pola a orquestra Marbella. O remate oficial da feira será ás 1.30 horas.

O QUEIXO E O PAN

"O queixo de Friol e o pan de Ousá son xa dous produtos consolidados, coñecidos en toda a xeografía galega, e agora empezan a selo tamén no ámbito nacional e incluso internacional.

Son dous produtos que están elaborados con materias primas excelentes, polo que o resultado é máis que óptimo. De feito tanto queixeiras como panaderías teñen moita máis demanda que a súa propia produción. Por iso nos últimos anos fixeron un esforzo transformando e modernizando as súas instalacións para poder ampliar esta produción, sobre todo nas queixerías", explica o seu alcalde.

0.17552709579468