Friol acollerá un curso sobre acoso escolar e ciberacoso

LugoXa | TerraChaXa
Esta iniciativa busca dotar aos participantes de ferramentas e coñecementos necesarios para recoñecer e actuar fronte estas situacións
bullying_acoso-escolar
6 Nov 2024

O Concello de Friol organiza un curso dirixido a abordar as problemáticas do acoso escolar e o ciberacoso. O evento terá lugar o próximo 15 de novembro de 2024 no centro sociocultural, entre as 16:00 e as 22:00 horas. Esta formación está acreditada por Grupo Forma e Afammer (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural) da provincia de Lugo.

A actividade enmárcase dentro das iniciativas promovidas pola Xunta de Galicia, a Consellería de Política Social e Igualdade, o programa Corresponsables e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España. O obxectivo principal do curso é sensibilizar e formar á poboación para previr situacións de acoso entre menores, especialmente no ámbito escolar e a través das redes sociais.

Para asistir ao curso, é necesario realizar a inscrición no concello de Friol ou no teléfono 982 375 001. Esta iniciativa busca dotar aos participantes de ferramentas e coñecementos necesarios para recoñecer e actuar fronte a situacións de acoso, promovendo así un entorno máis seguro e inclusivo para os máis novos.

0.19112205505371