Friol acollera un obradoiro de coidado dos pés para pacientes diabéticos

LugoXa | TerraChaXa
As prazas son limitadas a un máximo de 15 persoas, polo que é necesario inscribirse previamente no mostrador do centro de saúde
podologia
2 Nov 2025

O Centro de Saúde de Friol acollerá o vindeiro mércores, 5 de novembro, un obradoiro de coidado dos pés dirixido a pacientes diabéticos, organizado polo Servizo Galego de Saúde. A actividade desenvolverase entre as 13:30 e as 14:30 horas e ten como obxectivo ensinar ás persoas asistentes a previr complicacións e a coidar a saúde dos pés mediante consellos prácticos e sinxelos.

O coidado dos pés é fundamental nas persoas con diabetes, xa que as lesións e infeccións poden derivar en problemas graves se non se detectan a tempo. Por iso, o taller busca ofrecer información útil e pautas de prevención que melloren a calidade de vida dos participantes.

As prazas son limitadas a un máximo de 15 persoas, polo que é necesario inscribirse previamente no mostrador do centro de saúde. Desde o Sergas anímase á participación nesta iniciativa que promove hábitos de saúde e benestar a través da educación sanitaria.

⚙ Configurar cookies
0.075433015823364