Friol acollerá un Obradoiro de Primeiros Auxilios
O Salón de Actos do Centro Sociocultural de Friol será o escenario elixido para acoller o obradoiro de primeiros auxilios. Esta xornada formativa ten como finalidade que os veciños adquiran os coñecementos básicos para o manexo de situacións de urxencia máis frecuentes.
O programa promoverá que os cidadáns obteñan as nocións básicas para unha correcta actuación ante situacións de emerxencia que requiran primeros auxilios. Por iso consta das seguintes seccións: Como chamar ao 061? Asistencia inicial ante un traumatismo: feridas e hemorraxias. Convulsións e crise epiléptica. Dificultade respiratoria: ansiedade, crise asmática, etc. Dor torácica. Queimaduras: escaldadura. Perda de coñecemento: síncope, coma,.. Diabetes: hipoglicemia. Reaccións alérxicas. Picaduras e mordeduras. Reanimación Cardiopulmonar Básica: atragoamento e recoñocemento dunha PCR (parada cardiorrespiratoria).
Este obradoiro está dirixido a pacientes, familiares de pacientes, coidadores e cidadáns en xeral que poden realizar a inscripción ata o vindeiro 19 de novembro.
O horario da actividade é de 16.30 horas ata as 20.30 horas.