Friol acollerá un seminario sobre robótica en marzo

TerraChaXa
O 21 de marzo terá lugar no Concello de Friol o XI Seminario Obradoiro de Avaliación de Materiais Didácticos, A robótica na escola e nos fogares.
86310208_1606354049502842_9051619451488698368_o
21 Feb 2020

O 21 de marzo terá lugar no Concello de Friol o XI Seminario Obradoiro de Avaliación de Materiais Didácticos, A robótica na escola e nos fogares. Esta acción eductiva, constará dun obradoiro participativo para iniciarse no desenvolvemento práctico dos robots e dunha conferencia sobre utilizadades e aplicacións da robótica educativa. A actividade completarse cun roteiro cultural por Friol durante a tarde.

O seminario está organizado conxuntamente polo Grupo de Materiais Didácticos Cavila, pertencente ao Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega (NEG), A Asociación Carballo Vivo e o Concello de Friol. Igualmente conta coa colaboración do CPI Dr. López Suárez de Friol, o grupo de Investigación Stellae (USC), a Rede REUNI+D, a Rede de Investigación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento, Confapa Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñería Informáticas de Galicia.

Tanto a conferencia como os obradoiros serán impartidos por Almudena Alonso Ferreiro, docente da Facultade de Ciencias. da Educación de Ourense e membro do Grupo de investigación Stellae.

Entre os obxectivos deste encontro están coñecer as tipoloxías de robots e estratexias metodolóxicas para utilizar estes recursos e tomar decisións construtivas respecto do uso dos considerados robots educativos no contextos escolar.

Os destinarios do seminarios serán os nenos e nenas comprendidos só entre 5 e 12 anos, familias e persoas interesadas en iniciarse en cuestións relacionadas coa Robótica Educativa.

O prazo de incrición, que é de balde, rematará o 10 de marzo. Quen desexe asistir é imprescindible anotarse. As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición. As sesións terán lugar no centro sociocultural de Friol.

86279076_1172278352978664_4228753580493897728_o
0.14550685882568