Friol acolleu a segunda xornada do circuíto de Campo a Través

Friol acolleu a segunda xornada puntuable do Circuíto de Campo a Través da Zona Sur da provincia e da cal o Concello de Friol forma parte xunto a outros sete concellos organizadores.
O evento, que aglutinou a cerca dun centenar de deportistas, desenvolveuse na leira anexa ao pavillón municipal e os deportistas locais conseguiron un bo número de podiums.
A seguinte proba do circuíto disputarase na localidade de Ferreira de Pantón o vindeiro 23 de febreiro, e seguirá nos concellos de Escairón, Sober, Carballedo, Taboada, para finalizar en Portomarín o vindeiro mes de maio.
"Dende o Concello de Friol seguimos apostando polo deporte base como elemento formativo e para inculcar entre os máis novos uns hábitos de vida saudables", dixo o alcalde, José Ángel Santos.