Friol aproba un orzamento de 4,3 millóns, o máis ambicioso da súa historia

TerraChaXa | LugoXa
O Concello tamén pechará este ano 2022 cun orzamento executado duns 5.
vista aerea friol
30 Dec 2022

O Concello tamén pechará este ano 2022 cun orzamento executado duns 5.200.000 €, un récord histórico para esta Administración Local.

O equipo de Goberno de Friol co seu alcalde José Ángel Santos á fronte presentaron uns orzamentos ambiciosos para este ano no ámbito da partida destinada a investimento, "son uns orzamentos moi estudados e rigorosos, todo en beneficio dos veciños de Friol".

Segundo o alcalde, José Á. Santos, nos últimos anos, o orzamento inicial do Concello de Friol ten unha tendencia á alza, "debido ás políticas que levamos a cabo os que somos responsables do Goberno Municipal". Os datos económicos así o demostran. "Dende a anualidade de 2018 superamos os tres millóns de euros iniciais, este ano 2022 comezamos o ano con tres millóns novecentos mil euros, e, como sabedes, para 2023 a previsión inicial é duns 4.300.000,00 euros, tanto en ingresos como en gastos, é dicir, un incremento de 400.000,00 euros", dixo.

A presión fiscal non aumenta en relación ás taxas por abastecemento de auga ou cemiterio municipal, sumidoiros, recinto feiral ou uso das piscinas municipais.

En relación co IBI rústico, mantense a modificación da devandita ordenanza, para subvencionar co máximo que permita a lei, nun 95%, o importe íntegro do imposto, daqueles predios nos que só se sitúe edificación nos que se desenvolva totalmente actividades económicas exclusivamente agrícolas ou gandeiras, "claramente de apoio ao sector primario, un dos piares máis importantes da economía do noso Concello". Esta bonificación alcanza xa as 17.689 parcelas no Concello. E todos aqueles veciños que teñan dereito a el poderán seguir solicitando este desconto.

En canto ás taxas municipais, cabe destacar que para o ano 2023 suprímase a ordenanza que regulaba o prezo público dos postos, casetas, postos de venda, espectáculos e atraccións situados en terreos de uso público. Con esta medida do Concello preténdese dar un novo impulso ao comercio de proximidade.

No que respecta ao custo de persoal, as cifras son extremadamente baixas, tanto que foi unha porcentaxe do 29,10%, posiblemente unha das máis baixas da provincia. "Cubrimos o mantemento das vías públicas municipais en bo estado, dedicándose inicialmente ao política de gasto en infraestruturas 400.377,46 euros.

A presión fiscal non aumenta en relación ás taxas por abastecemento de auga ou cemiterio municipal, sumidoiros, recinto feiral ou uso das piscinas municipais.

En benestar comunitario acada unha cifra récord, 702.851,73 euros. Trátase de dar cobertura ao mantemento en condicións óptimas da rede de abastecemento de auga da capital; para a recollida, xestión e tratamento de residuos, en todo o municipio e o punto limpo.

Unha parte importante corresponde ao alumeado público, debido ao aumento do custo da enerxía, "a pesar das melloras que realizamos cada ano, para xerar aforro enerxético, cun cambio a materiais de baixo consumo, sen diminuíndo o servizo, incluso mellorándoo". Neste momento, o custo anual, neste apartado, é cen mil euros superior á situación anterior a esta crise.

Segundo Santos; "temos en conta a promoción e desenvolvemento da educación, a cultura e o deporte. Comezamos un ano no que a sociedade xa está a funcionar con normalidade, despois das limitacións da pandemia. Xa convivimos con ela cun alto grao de normalidade, grazas ás vacinas".

Así contan con financiamento para a Festa da Terceira Idade, Festa da Xuventude, Excursión da Terceira Idade, Feira Gandeira, Cursos de baile, Ximnasio, Feira do Queixo e do Pan de Ousá, Friulio e un importante etc.

O alcalde fai mención especial ao servizo de axuda no fogar (prestacións persoais básicas, non dependentes, dependentes), que é todo o que está cuberto pola póliza de gastos denominada Servizos Sociais e promoción social, dotado cunha contía de 827.293,74 euros, case o 20 por cento do orzamento. Son as persoas máis vulnerables, son as máis necesitadas e queremos que as súas condicións de vida melloren ano tras ano.

"Nas transferencias correntes, principalmente subvencións, facemos un importante esforzo (175.654,48 euros), unha cantidade moi xenerosa para un concello coas características de Friol", engade o alcalde. Inclué axudas para o consumo de puntos de luz en vivendas illadas, de todos os veciños do municipio que o solicitaron e que cumpran os requisitos; asignacións de natalidade; a persoas en risco de exclusión social, e prevención de condutas aditivas, que participan con outros concellos e no ano 2023 aportaron 6.000,00 euros.

Engaden tamén axudas a diversas asociacións culturais (formamos parte das escolas municipais de música, a través da Asociación de Músicos de Crisanto) por máis de 30.000,00 euros; axudas para todas as festas populares ao aire libre, para todas as parroquias; colaboran con diversas asociacións deportivas, fomentando o deporte, aportando máis de 30.000,00 euros a este apartado e rematan coas axudas para a concentración de parcelas de uso agrario, potenciando o sector primario.

O capítulo dedicado a investimentos conta cun préstamo inicial por importe duns 800.000 euros. Este capítulo representa no orzamento que estamos a debater para o ano 2023, arredor do 20,00% do total do Orzamento inicial. E aumentará ao longo do ano pola xestión desta alcaldía con outras administracións públicas, especialmente a Comunidade Autónoma.

Aínda que a liquidación do exercicio 2022 non está rematada, estímase que teremos un superávit de 600.000 €, cantidade que poderemos destinar no próximo exercicio se fose necesario.

0.10988402366638