Friol arranca o sábado o programa das súas festas patronais

LugoXa | TerraChaXa
Estarán El Combo Dominicano, Kalima 3.0, Aché, Alianza, Gran Parada e La Duendeneta
friol-vista-area
Cartel do avance das festas
12 Xul 2024

Friol xa está preparado para celebrar esta fin de semana do 13 a 15 de xullo as súas festas patronais na honra a Santa Isabel.

Coa listaxe das orquestras avanzada, xa fixo público o programa completo da celebración, que se iniciará o sábado 13 con pasarrúas a cargo de Xesta Verde. Contará xa nesta xornada con dobre sesión musical, a cargo de Kalima 3.0, en sesión de mediodía e noite, e con Aché na verbena.

O domingo será o gran día festivo. Abrirán as celebracións de novo os músicos de Xesta Verde percorrendo a vila. Haberá misa solemne tamén ás 13.00 horas, antes de dar paso ás sesión vermú, que estará a cargo de Alianza, quen tamén se ocupará da verbena, xunto a unha das actuacións estrela, a do Combo Dominicano.

Ese mesmo día, pola tarde, haberá programación especial para os máis pequenos. Peter Punk Pallaso actuará ás 18.30 horas.

Gran Parada e La Duendeneta porán o punto e final ás festas o luns 15 de xullo. A primeira actuará só na verbena, mentres que a outra fará dobrete. Tamén o luns, festa local, haberá misa solemne ás 13.00 horas.

0.16238594055176