Friol celebra o 28 de marzo unha nova edición da Festa do Porco Celta

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
A xornada comezará ás 13.30 horas coa sesión vermú, que contará coa actuación musical do grupo Louband
Festa-do-Porco-Celta-Sarria
10 Mar 2026

A Praza Andón Cebreiro de Friol acollerá o vindeiro sábado 28 de marzo unha nova edición da Festa do Porco Celta, unha cita gastronómica que combina boa comida, música en directo e ambiente festivo para veciños e visitantes.

A xornada comezará ás 13.30 horas coa sesión vermú, que contará coa actuación musical do grupo Louband, de Sarria. Durante este primeiro momento da festa tamén haberá corte de xamón e degustación de embutidos elaborados con porco celta, unha das razas autóctonas máis valoradas da gastronomía galega.

Ás 15.00 horas celebrarase o prato forte do día coa celebración dun gran cocido de porco celta, que reunirá aos asistentes arredor da mesa para desfrutar desta proposta culinaria tradicional. O prezo do ticket para o xantar será de 25 euros.

A programación continuará pola tarde, a partir das 16.30 horas, cun tardeo que volverá contar coa música de Louband e coa actuación de Jinetes del Trópico, prolongando o ambiente festivo durante toda a xornada.

As persoas interesadas en participar poden reservar os seus tíckets contactando cos teléfonos 678 94 73 99, 662 39 32 15 ou 662 33 68 49. A organización anima a reservar con antelación para non quedar sen praza nesta festa gastronómica que cada ano reúne a numerosos asistentes en Friol.

0.1169331073761