Friol celebra o sábado a Festa do Porco Celta

TerraChaXa | LugoXa
A Festa do Porco Celta de Friol celebrarase no pavillón municipal de Friol e esta vez será o día 15 de abril, na que é a quinta edición.
presentacion festa do porco celta friol
3 May 2024

Un ano máis, a Festa do Porco Celta de Friol celebrarase no pavillón municipal de Friol e esta vez será este sábado, 4 de maio, na que é a sexta edición.

Os organizadores son Antonio Díaz, Manolito Roimil, Óscar Santos, Javier Serén e MVMC Carballo. Colaboran Tres Fuciños, Restaurante Roimil e MVMC Carballo e patrocinan Concello de Friol e Asoporcel.

De novo, participarán produtores deste animal que o que buscan é poñer en valor a calidade da carne deste porco de antiga raza e promocionar aos criadores da zona de Friol, xa que esta raza porcina é a única autóctona de Galicia de protección especial e en perigo de extinción.

Espérase bastante afluencia de público, como nestes últimos anos. Haberá unha cea, que constará dun menú baseado neste tradicional alimento, e unha orquestra que amenizará a noite. Este ano consistirá en caldo de ósos e cocido,

O programa dará comezo ás 16.00 horas co campionato de tute. Este está reservado para as persoas que participen na cea e a súa inscrición é gratuíta.

Ás 20.00 horas abrirá unha exposición e venda de produtos de porco celta e media hora despois haberá unha demostración de corte de xamón. Ás 21.30 horas dará comezo a cea, cun picoteo de benvida. Haberá tamén un sorteo de produtos de porco celta.

0.1400420665741