Presentada a XIII Feira do Cabalo de Friol, que será o 12 de agosto

TerraChaXa
Friol volverá contar un ano máis coa súa popular Feira do Cabalo, que se desenvolverá o 12 de agosto no Mercado Municipal con exhibicións, concursos, ponis, unha xincana popular e moitas actividades para grandes e maiores.
IMG_0173
7 Ago 2018

Friol volverá contar un ano máis coa súa popular Feira do Cabalo, que se desenvolverá o 12 de agosto no Mercado Municipal con exhibicións, concursos, ponis, unha xincana popular e moitas actividades para grandes e maiores.

A que xa é a edición número XIII desta Feira dará comezo ás 10.30 coa apertura das inscricións na Mesa do Xurado para os concursos morfolóxicos nas catro categorías que entran a concurso, cabalos e eguas cruzados e de pura raza. Os concursos darán comezo ás 11.00 horas, primeiro para os cabalos de pura raza galega, seguido das eguas, deixando paso, sobre ás 12.00 aos cabalos cruzados finalizando coas eguas deste tipo.

O xurado repartirá un total de catro premios en cada categorías, con importes entre os 125 euros e os 60. Unha vez rematado o concurso, entre as 13.00 e as 14.00 horas, haberá unha gran exhibición de doma co espectáculo A Maxia do Cabalo, de León. Este grupo obtivo a medalla de bronce no Salón Internacional do Cabalo SICAB no 2013 e participou nos programas de televisión Tú si que vales e Vaya Fauna.  

Pola tarde, retomarase a programación, ás 17.45, cunha nova exhibición de doma do mesmo grupo de León, acompañados da sección de doma de alta escola de Galicia.

Finalizará a programación, entre as 18.30 e as 19.30 cunha xincana ecuestre de libre participación na que haberá 600 euros en premios para os participantes e se sorteará un poldro.

Ademais, este ano haberá ponis para que os máis pequenos poidan estrearse na arte ecuestre.

O alcalde salienta que "desde o Concello intentamos facer cada ano actividades para todas as idades, o que supón un importante investimento económico para un concello como o noso, pero é reconfortante a implicación da xente nas actividades que ofertamos. Por iso mantemos tamén a feira do gando en setembro, sector principal do noso municipio que merece unha atención especial e próximamente a festa da xuventude"

feiradocabalo
0.14858889579773