Friol celebrou o Día do Maior en plenas festas e tras dous anos de pandemia
TerraChaXa | LugoXa
Tras dous anos, o pavillón de Friol acolleu onte a celebración Día do Maior cun xantar no que participaron centos de veciños.
12 Xul 2022
Tras dous anos sen poder celebrarse, o pavillón de Friol acolleu onte a celebración Día do Maior cun xantar no que participaron centos de veciños, que puideron desfrutar dun menú galegos en plenas festas patronais.
Na celebración, patrocinada e organizada polo Concello de Friol, festexouse a volta a normalidade facendo un recordatorio ao labor que fan os maiores na formación de fillos e netos.